CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Programa 66: Lugo

03/10/2015 16:30 h

O programa “Aquí Galicia” estará hoxe en directo no que sen dúbida será un dos epicentros da vida social galega durante os vindeiros días: as Festas de San Froilán en Lugo, declaradas de Interese Turístico Nacional. A orixe destes festexos remóntase a 1754 e desde entón convertéronse nunha das citas máis importantes de Galicia. 

Entre outros convidados, polo set de “Aquí Galicia” pasará esta tarde o presidente da Asociación Nacional de Bicicletas Antigas e Clásicas, Juan Pedro Granados, que amosará algúns exemplares das 170 bicicletas que garda no seu poder.

No apartado gastronómico, o programa contará coa presenza de dous dos concursantes finalistas do XI Concurso de Tapas de Lugo, que presentarán unha pescada do Celeiro, con allo branco, algas e chícharo negro e un solombo de porco con costra de millo e cebola. De sobremesa, “Aquí Galicia” probará a torta muralla, unhas galletas de nata con forma de muralla e un pastel do peregrino.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: