CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Programa 60: Romaría do Naseiro en Viveiro

22/08/2015 16:30 h

O programa acode ao Val do Naseiro, nas ribeiras do río Landro, que celebra a súa Romaría, tamén coñecida como Romaxe do Bo Xantar, festa popular declarada de Interese Turístico Nacional. 

Ademais de vivir a festa, coñecemos emprazamentos singulares da localidade de Viveiro, como é a praza do Concello e os xardíns de Noriega Varela. Neste percorrido, “Aquí Galicia” amosa o seu casco antigo, declarado Conxunto Histórico-Artístico, así como as praias da zona: Covas, Area, Sacido, Abrela, Portonovo e Celeiro. 

No apartado gastronómico fálase da recoñecida merluza do pincho de Celeiro. No apartado máis doce tamén sonn protagonistas os amendoados, a torta colineta ou torta de Viveiro e os freixóns, que realiza para o “Aquí Galicia” Flor Chao, da asociación Mulleres Rurais Fraga das Saímas.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: