CRTVG

Buscar

Casa de comidas

Programa 6

17/12/2017 23:30 h

A pousada “O Almacén”, de Cervo, comezou a funcionar como casa de comidas hai aproximadamente 50 anos. Sitúase nun caserío que foi construído no ano 1890 e que, no seu día, albergou inicialmente un almacén de coloniais. Fan unha cociña galega evolucionada, en que destacan como como especialidades a caldeirada de peixe, as carnes vermellas, a caza, a xarda e o bonito.

“Casa de Comidas” tamén se achega ao restaurante “O Castillo”, de Vimianzo, que abriu as súas portas en 1977 e na actualidade está ao fronte do negocio a terceira xeración. É un local que conta cunha decoración sinxela e no que as súas especialidades son a “tixola irmandiña”, a carne á pedra, o bacallau ao pil-pil e os callos.

O restaurante “Os Peares”, da Estrada, fundouse no ano 1953 pola nai da actual responsable, Lola, a quen lle bota unha man, de cando en vez, o seu fillo. Ofertan comida caseira aproveitando os produtos frescos do mercado local que teñen enfronte do negocio. As súas especialidades son os callos, a tenreira estufada, o polbo, a paella e a empanada.

A última visita é ao restaurante-parrillada “O Foxo”, de Baños de Molgas, que iniciou a súa andaina no ano 1977. Fan un cociña tradicional, en que a principal especialidade son as carnes á grella. A brasa da mesma faise con carbón de aciñeira, o que lle dá un sabor característico á carne. Conta cunha clientela moi heteroxénea, que vai desde obreiros a empresarios e xentes que se achegan desde distintos puntos de Galicia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: