CRTVG

Buscar

Tesouros no faiado

Programa 6

09/09/2017 15:30 h

Faiados, alpendres, pendellos… Son moitos os lugares onde os galegos fomos relegando vellos obxectos aos que o tempo lles levou a súa utilidade. A misión da ediciónde hoxe de “Tesouros no Faiado” é devolverlle a vida a unha antiga mesa do século XIXque pertenceu a unha saga de avogados do concello lugués de Becerreá.

Pola súa parte, Luís Varela viaxará ata Bergantiños para visitar o faiado de Leonor, que quere saber o valor de moitas das cousas que foi acumulando co tempo noseu faiado. Moedas antigas, cómics dos anos 70, traxes rexionais e ata obxectos relixiosos sorprenderán o anticuario, que terá que afinar para dar co valor dos obxectos de Leonor.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: