CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros. Cap. 51: Un día na horta

29/04/2010 22:31 h

Na despedida da cuarta temporada, os Larpeiros da Galega amosaranse os máis lambóns da tele e mercarán, cociñarán e comerán un saboroso lombo mechado con verduras do país. A tales efectos, o reporteiro Tomás Alonso comezará as súas tarefas de investigación en Vilanova de Arousa, terra de grandes escritores como Valle Inclán e de grandes verduras e hortalizas, como as que cultiva Amalia no seu invernadoiro. Aquí, Tomás aprenderá a sementar e apañar pementos e tomates para logo axudar a súa amiga Mila a limpar e envasar unhas leitugas de primeira calidade.

O larpeiro Tomás prosegue o seu periplo pola carnicería de Héctor, no mercado do Progreso de Vigo, onde mercará o lombo de porco que ha levar ao mestre Benigno. Xa na cociña, nas expertas mans do capitán Campos, o lombo mechado vai ser de seguro todo un éxito.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: