CRTVG

Buscar

Amor na rede

Borja e Cristina

21/08/2015 00:15 h

O programa fai o papel de Celestina con Borja e Cristina, dous mozos orixinarios de Santiago e Tui, respectivamente.

Ás veces a vida profesional deixa pouco espazo para o amor, xa que entregarse moito cos proxectos pode levar a descoidar a vida sentimental. Deste xeito, “Amor na Rede” intenta que o amor se abra paso na vida de Borja. Solteiro desde hai menos dun ano, é un actor de 27 anos que soña con ensinar teatro, unha paixón que considera terapéutica. Despois de rematar cunha relación desgastada pola distancia, agora agarda atopar unha muller activa e positiva que lle faga camiñar cara adiante. 

A proposta de “Amor na Rede” é Cristina, unha empresaria de 26 anos que ten moi claro o que quere e o que non. A día de hoxe, esta emprendedora de fortes conviccións só ten un gran amor, a fotografía. Tras sete anos solteira, Cristina acode ao programa coa esperanza de dar cun home intelixente, ambicioso e que, sobre todo, a saiba facer rir.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: