CRTVG

Buscar

Vivan as tardes!

Programa 49

12/01/2018 17:30 h

“Vivan as Tardes!” recibe a Juan Ramón, que comparte a vida cos seus pais adoptivos, a quen di que lles debe todo. Elvira e Prudencio veñen desde Lugo para estar co seu fillo, ao que adoran.
Outra das convidadas deste venres é Concha, que é Miss Fotoxenia e Miss Elegancia Terceira Idade grazas a que a súa filla Ángeles a animou. Pili Pampín fala coas dúas, que veñen desde Melide.
A historia de amor é a de Marina e Luís, unha parella de Ourense que se formou sen présa e sen prexuízos. Só hai un problema entre eles: os celos del porque ela está prexubilada. Tamén pasa polo programa Xan, que recuperou os valores dos seus avós coa crianza do porco celta na súa granxa ecolóxica de Monterroso.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: