CRTVG

Buscar

Como galegos!

Wilson, Christian e Nadiya

09/11/2015 00:30 h

Wilson leva xa dúas décadas na nosa terra. Veu de vacacións, pero ficou aquí. Durante oito anos traballou na orquestra París de Noia e recoñece o nivel destas formacións. Entre tanto, chegou un momento en que o corpo lle pedía outra cousa e formouse como docente. Hoxe é profesor na Escola de Música do Colexio Liceo La Paz, na Coruña, e compaxínao co seu grupo de fusión Wilson & Friends. Casado cunha ferrolá desde hai 15 anos, non pensa nunha vida fóra de aquí.


Christian, outro dos protagonistas desta noite, é alemán de nai colombiana e por iso sempre que ten unha guitarra preto del aproveita para cantar temas típicos como “La piragua”. A música é unha afección, pero a súa vocación é a ensinanza. Precisamente chegou a Santiago xunto á súa muller Vicky cun convenio entre universidades e, a pesar de que ao principio non aturaban a chuvia constante, non marcharon e teñen varias academias de idiomas.


Pola súa parte, Nadiya leva 15 anos en Lugo. Procedente de Ucraína, buscaba unha vida máis tranquila para os seus. Ao pouco tempo conseguiu traer a súa filla Ganna, que casou cun galego e xa ten unha filla galego-ucraína. Enfermeira en dúas clínicas estéticas da cidade, Nadiya é unha deportista nata que practica hóckey sobre patíns e que, segundo o seu adestrador, é unha estratega moi intelixente.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: