CRTVG

Buscar

Amor na rede

Eva e Fernando

14/08/2015 00:15 h

Eva é unha muller de 50 anos que reborda vitalidade. Divorciada hai tres anos, deportista e festeira, trata de saír adiante cos seus tres fillos poñendo todas as súas enerxías. Para abrirse ante esta nova oportunidade, conta co apoio de Itzíar, a psicóloga do programa e neste caso tamén coa do coach Leandro Fernández, quen lle propón unha actividade de alto impacto emocional. 

A rede fai coincidir a Eva e a Fernando, un coruñés de 50 anos con moito mundo. Este monitor de esquí, que acaba de chegar dunha longa estancia en América do Sur, preséntase a “Amor na Rede” en busca dunha muller activa que o poida acompañar nesta nova etapa.

Pola súa experiencia, Eva e Fernando son conscientes de que ningunha relación é perfecta e que os frechazos poucas veces ocorren. Claro que para todo hai unha primeira vez.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: