CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

Programa 4

13/08/2015 22:00 h

A temática de hoxe é a conciliación da vida familiar coa práctica dos deportes náuticos. 

A ruta comeza na praia de Parameán, no concello coruñés de Muros. Unha contorna perfecta para gozar coa familia, xa que conta cos servizos necesarios para que a xornada de paria sexa tranquila, agradable e relaxada. 

“Aquí hai praria”, continua cara á praia de Tanxil, en Rianxo. Este areal esta arrodeado de árbores e céspede e é perfecta para gozar dunha xornada cos amigos. Nesta paraxe natural todo é posible: comer, pasear, tomar o sol, nadar... todo iso mesturado cun ambiente tranquilo e natural moi preto do centro urbano. 

O seguinte punto de encontro é a Mariña lucense. Altar (ou San Cosme), no concello de Barreiros, é un areal dun quilómetro de lonxitude e está considerada unha das mellores praias da zona. Como servizos, dispón de socorrista, merendeiros, duchas, restaurantes...

Da Mariña, “Aquí hai praia” dá un salto ata o concello de Oleiros, onde se atopa a praia de Santa Cristina, idónea para a práctica de deportes marítimos coma o surf, voley ou pádel. Malia todos os servizos dispoñibles, o tupper sempre aparece por algún lado. 

Como colofón final, o espazo desprázase ás Rías Baixas, a Rodeira, en Cangas, unha paraxe que acolle a numerosos turistas cada verán. Calquera dos bañistas pode gozar de actividades deportivas e vida en familia.  

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: