CRTVG

Buscar

Como galegos!

Programa 37: Sabrina, Edo e Pascal

13/09/2015 23:45 h

A primeira historia recae na Ponte do Porto, no concello de Camariñas. Nesta vila reside desde hai varios anos Sabrina, unha italiana que namorou dun galego cando residía en Londres e agora é coñecida na vila coma “a napolitana”. 

A segunda historia de “Como Galegos!”, levará o o equipo do programa a Lobeira para coñecer a Edo, un rapaz serbio que de pequeno soñaba con ter unha cabana de madeira e neste concello ourensán fíxose realidade, pero a grande escala.

O amor polos sabores galegos trouxo a un francés chamado Pascal a Pontevedra. Considerado xa “o rei dos doces”, levará os espectadores recoller cogomelos e castañas ao monte e con el descubrirán os grandes segredos da cociña do país veciño.  

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: