CRTVG

Buscar

Como galegos!

Programa 34: Alejandro, Patri e Jürgen

23/08/2015 23:45 h

O primeiro destino é Vilagarcía de Arousa. A vila pontevedresa acolle dende hai case tres lustros a Alejandro, unha persoa que se define como “artista integral”. Este arxentino é actor e autor teatral ademais de músico e mestura esa faciana artística coa vida docente en teatro e literatura. Alejandro tamén rexenta a súa propia compañía teatral o que o converteu en toda unha personalidade nesa localidade.

A seguinte vida é a de Patricia, unha brasileira que vive en San Cibrao, na Mariña lucense, dende hai vinte anos. O seu traballo nunha pizzería fíxoa popular entre os veciños do lugar e todos queren que sexa esta simpática brasileira quen os atenda. Patricia ten un fillo que é a súa ledicia máis grande e ambos os dous comparten a afección pola natación. 

A derradeira historia é a de Jürguen, un alemán que leva 30 anos na nosa terra. Este teutón dedícase á artesanía de vidro pero ademais ten unha escola de parapente, ocupación que o fixo ben coñecido na aldea pontevedresa de Bora, lugar onde reside actualmente. 

Atopar capítulo por: