CRTVG

Buscar

Un nome, unha rúa

Programa 29: Rúa Quiroga Ballesteros, Lugo

30/08/2015 19:45 h

A rúa Quiroga Ballesteros sitúase no interior da cidade amurallada. Ten de especial que comeza no mercado de abastos e remata nas ruínas do cuartel de San Fernando. 

Pertence ao primeiro ensanche urbano que se proxectou no interior da muralla e nela vivían as familias máis adiñeiradas de Lugo a partir da década dos anos 30 do pasado século. 

Para facer o seu percorrido, Sergio Pazos e Zospa contan co cronista e político lucense Adolfo de Abel Vilela. 

Benigno Quiroga Palacios era un político e enxeñeiro que foi ministro da Gobernación durante o reinado de Afonso XIII e deputado nas Cortes Xerais polo Partido Liberal na circunscrición de Lugo. 

No programa visitamos comercios históricos da zona e a casa dunha veciña que leva vivindo nesa rúa dende o seu nacemento.  

O toque musical pono o grupo lucense de roc & roll "Lastway" (O derradeiro Camiño). 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: