CRTVG

Buscar

Como galegos!

Programa 29: Celeste, Alicia e James

19/07/2015 23:45 h

O programa viaxará esta semana a Redondela, Moaña e Pontevedra para coñecer tres protagonistas cun perfil do máis variado. A primeira parada faraa con Celeste, unha muller do máis particular: pasa as mañás axudando os peregrinos do Camiño da Prata e ás tardes cambia o bastón por unha boa gadaña, xa que lle gusta coidar do seu porco Tonecho e plantar ricos pementos. 

Ademais, “Como Galegos!” cruzará a rúa de Vigo en windsurf con Alicia, que naceu no Uruguai pero que chegou a Galicia cantando rancheiras e agora, despois de moitos anos subida aos escenarios, escribe libros sobre lendas galegas.

Finalmente, o programa chegará a Pontevedra para coñecer a David Beckham. Así é como lle chaman ao último protagonista desta noite, James, que deixou a súa Inglaterra natal polo amor dunha galega. 

Atopar capítulo por: