CRTVG

Buscar

Un nome, unha rúa

Programa 27: Rúa Ventura Misa de Baiona

16/08/2015 19:45 h

A rúa Ventura Misa de Baiona é un lugar en que cada verán centos de turistas pasean para gozar do sol e da temperatura agradable das Rías Baixas. Zospa e Sergio comezan as súas andanzas na fonte que veu nacer a Ventura Misa ou Buenaventura Misa, un comerciante de viños que instaurou xunto co seu irmán unha empresa  na vila andaluza de Xerez da Fronteira. 

Sergio Pazos dá un pequeno paseo por eses lugares da rúa que só visitan os baioneses, e descobre unhas paredes que antigamente pertencían ao cine Baiona. O paseo continúa por esta rúa estreita e de sabor mariñeiro. 

A primeira travesa desta rúa é a rúa Tomiño, unha pequena calella que vai dar ao mar. O percorrido continua ata chegar á praza de Pedro de Castro, un lugar moi bulicioso cheo de mesas e bares. Esta praza fai homenaxe a un médico e pedagogo de Baiona que impulsou a educación para xordos en Galicia.  No mesmo lugar tamén hai un monolito de conmemoración ao descubrimento das Indias por parte de Cristovo Colón e tamén destaca o hotel monumento Pazo de Mendoza. 

Neste programa, Sergio tamén entra na casa onde viviu e se criou o propio Ventura Misa.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: