CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros. Cap. 25: Bótalle azucre

08/04/2009 22:05 h

Guerra entre reposteiros e reposteiras, este é o reto desta semana do programa máis larpeiro da panorama audiovisual, nunha nova edición que leva un título que fala de por si, Bótalle azucre. Mentres Lola Gestido e Lola Fernández preparan un exquisito biscoito de noz, o mestre de mestres Benigno Campos e o reporteiro intrépido Tomás Alonso pretenden superalas co flan máis rápido e rico do mundo.

No seu percorrido habitual por Galicia, o presentador máis larpeiro de cantos haxa, Tomás Alonso, acudirá á vila ourensá de Allariz para coñecer de primeira man como se fan os famosos amendoados, ademais de participar na súa elaboración. Pero, antes de regresar, Tomás traerá tamén unha sorpresa igualmente doce, xa que vai visitar os seus amigos de "Chocolates Miño".
Esta semana, pois, o prato forte dos larpeiros serán os doces, así que todos eles brindarán polo éxito das súas sobremesas con sorpresa incluída!

Atopar capítulo por: