CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros. Cap. 24: A vaquiña polo que vale

01/04/2009 22:08 h

No programa que reúne os "Larpeiros" máis coñecidos de toda a tele, esta noite o mestre Benigno obsequiaranos cunha receita de papos con cogomelos shitake, mentres que o reporteiro intrépido Tomás Alonso achegarase ata Hifas da Terra, no concello de Cotobade, para coñecer como se fai o cultivo do cogomelo shitake; pero tamén irá ata o mercado de Santiago de Compostela para conseguir as carrilleiras que precisa o noso cociñeiro destinadas á preparación do prato. Para rematar, o espectador coñecerá unha granxa de vacas cacheiras en Quintela de Leirado.

"Larpeiros" segue a ser o programa máis visto os mércores á noite en Galicia, onde as reportaxes, o humor e a gastronomía se combinan nun formato orixinal creado por Xosé Cermeño e producido por un equipo que encabeza o produtor executivo, Luís Collazo. Emilio J. Fernández, Manuel Novoa, Xoán Escudero, Marta Lemos, Hitxu Guillán, Eva Penelas e Simón González forman parte do equipo técnico e de produción do programa.

Atopar capítulo por: