CRTVG

Buscar

Gastrópodos

Mexillón en Bueu

08/08/2015 15:30 h

Programa 2. Beatriz Sotelo chega á comarca pontevedresa do Morrazo para cociñar un dos mariscos que máis se produce no noso país: o mexillón. O autobús de Gastrópodos fai escala no porto de Beluso, en Bueu.

A cociñeira xoga na casa desta vez e enfróntase a un reto moi especial. Fai unha parada na súa casa natal, onde revive os seus comezos de axudante de cociña no centenario restaurante A Centoleira. O seu rival nesta segunda entrega do programa é Jorge Sampedro, colaborador e deseñador de menús nese histórico negocio. 

Pero a cociñeira de “Gastrópodos” dá tamén un pequeno paseo pola vila e amósanos a depuradora, o Museo da Conserva de Massó, e o vello estaleiro de Purro, un vestixio das antigas carpintarías de ribeira das vilas mariñeiras. 

Na sección “A Reportaxe”, descubrimos o traballo que comporta a cría do mexillón na Ría de Pontevedra.

O crítico gastronómico de “Gastrópodos”, Jorge Guitián, conta coa axuda, no xurado popular, de Raúl Velloso, artista plástico; e da cociñeira de Casa Quintela, Cristina Millán.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: