CRTVG

Buscar

Vivan as tardes!

Programa 122

04/05/2018 19:00 h

Angelita e Esther, de Mazaricos, levan 20 anos intentando recuperar os bolos do pote, unha comida tradicional que se perdeu hoxe en día. Feitos con fariña e con carne de porco, eran unha comida moi habitual dos nosos entregos, que agora se pretende recuperar cunha festa gastronómica. José e Jesús son dous nomes ideais para dous curas xemelgos, aínda que os seus pais non tiñan pensado ese destino para eles. Son cregos en diferentes parroquias da provincia de Lugo e, a pesar de dedicarse ao mesmo, teñen caracteres moi diferentes. A xente confúndeos pola rúa e os equívocos sacáronlle as cores a máis dunha freguesa. 
Trinta anos despois de abrir a sua primeira ortopedia, Claudio non pode máis que estar satisfeito. Triunfou a súa idea de cambiar o concepto de lugar frío onde só se vendían cadeiras de rodas a un espazo onde se fai a vida dos maiores máis cómoda. Para iso busca por todo o mundo os obxectos mais axeitados para cada idade ou necesidade, moitos deles que nin sequera pensabamos que podían existir. 
Tamén sentan no sofá de “Vivan as Tardes!” Jandro e Magali, que levan bailando xuntos desde que son uns nenos. Hai anos comezaron a participar en campionatos e agora lembran todos os esforzos que tiveron que facer para poder adestrar e cumprir o seu soño. A pesar de todo, non renuncian a seguir facendo o que máis feliz lles fai na vida e bailarán ata que o corpo aguante. Os dous son mestres de baile nunha academia de Lugo, onde tratan de ensinarlles aos pequenos todo o que eles levan aprendido. 

Atopar capítulo por: