CRTVG

Buscar

Vivan as tardes!

Programa 115

24/04/2018 17:30 h

Pepe Capelán súmase ao programa para presentar a xente convidada.

Aínda que a charanga Leña Verde só ten un ano de vida, os seus compoñentes contan con moitas anécdotas para contar. Desde o encontro co can clarinetista, a traballosa creación da charanga ou a súa caída dun carro en marcha. José Manuel, Manolo e Pepe veñen de Lalín e non se dedican profesionalmente á música pero ela é súa “gran musa”. 

Coñecer a historia de Adán e Xiao convida a pensar que o destino existe. Adán, viaxeiro impenitente, estaba nun lugar turístico da China e pediulle a unha muller chinesa, entre os millóns de mulleres que había nesa cidade, se lle podía sacar unha foto. Esa muller estivera hai anos en Galicia e falaba un pouco de castelán. Foi o comezo dunha relación que acabou en voda, e desde hai oito meses viven coma parella en Carballo. Hai tres anos que se coñeceron, tres anos moi intensos, onde a tradición chinesa obrigou a Adán a pagar unha dote para casar, mentres que ela pasou de vivir nunha cidade de catro millóns de habitantes a vivir na “tranquilidade” de Carballo.

É nestas datas cando se comezan a poñer as pequenas plantas de pementos de Herbón que alá por maio comezarán a dar os deliciosos froitos. Milagros é pementeira de toda a vida e con ela coñecemos o proceso, os coidados e os segredos e da marmelada de pementos de Padrón. 

Tamén visita o programa Mercedes, que cando era pequena xa era moi “puntillosa” coa comida, pero encamiñou a súa vida profesional aos animais estudando Veterinaria. As casualidades puxérona no lugar en que xa se quedaría e con grande éxito. Converteuse en ‘sommelier’ e catadora de diversos produtos. Mercedes é unha das maiores especialistas en viño do noso país, e de licores, destilados, augas, aceites, cervexas… 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: