CRTVG

Buscar

Gastrópodos

Bonito de Burela

11/10/2015 16:00 h

Programa 11. O autobús de “Gastrópodos, cociña en ruta” segue coa ruta gastronómica pola nosa comunidade autónoma. Xa son moitas as receitas que a estrela Michelín da Galega, Beatriz Sotelo, preparou. Pero parece que non se lle esgotan as ganas de competir, e para esta ocasión desembarca no concello mariñán de Burela, un dos portos máis importantes de Galicia. 

O principal protagonista do programa de hoxe será o bonito, un produto que se colle na tempada da costeira, de abril a outubro, e que é un dos principais recursos económicos da vila. A marca do bonito de Galicia é unha das pesqueiras que leva máis alegría á vila. 

Pero claro, o que máis lle interesa a Beatriz Sotelo é buscar un contrincante co que competir nos fogóns do autobús de dous andares. Para esta ocasión contará con Meli, unha cociñeira de Palas de Rei, pero asentada en Burela. Esta muller é a referencia na cociña do restaurante A Lonxa, un negocio que está dentro do porto de Burela. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: