CRTVG

Buscar

Vivan as tardes!

Programa 109

16/04/2018 17:30 h

Din que San Antonio é avogado dos namorados e con Teresa e José Luís deu no cravo. O que comezou sendo un amor de verán converteuse nunha auténtica historia de amor de película. Aínda que pasaron un noivado separados, escribíndose cartas e enviando telegramas, sacaron tempo para plantar un bo froito e ao quedar ela embarazada decidiron casar. A historia desta parella de Cambados está marcada polas anécdotas simpáticas: na noite de voda tiveron que recoller o pai de Teresa na cantina, decidiron ter un segundo fillo por unha folga de buses e renovaron os seus votos por imposición do cura. 
Montse, de Gondomar, desde pequena  tivo claro que a súa vida xiraría arredor das fichas dos quebracabezas. A afección non fixo máis que medrar e hoxe, con 40 anos e un fillo de 2, non só a súa casa está chea de quebracabezas, senón tamén a súa cabeza. O seu home é o seu “pinche axudante” nos campionatos aos que acode e soña con ter un anaquiño para comezar o gran reto: o quebracabezas de 18.000 pezas que agarda enriba da mesa do salón. 
Lolenka está feliz co seu cambio de vida. Escolleu a avogacía por tradición familiar e, despois de dedicarlle moitos anos, decidiu dar un xiro. A súa vea artística gañoulle á práctica, así que pechou o despacho e decidiu apostar pola sua paixón, a restauración de mobles. Colleu o traspaso dunha tenda de Ferrol da que xa era cliente e dende hai poucos meses goza da súa nova profesión. 
O último convidado é César Bonilla, que levou a empresa familiar de churros e patacas a converterse nunha firma de prestixio que envía os seus produtos a Corea, París ou Italia. Empezou fritindo de noite e repartindo as patacas coa súa moto pola Coruña. Hoxe, a empresa familiar factura millóns de euros anuais. A terceira xeración, co seu fillo Fernando, xa está á fronte do negocio e conta o que aprendeu de seu pai, quen segue indo pola fábrica e polas churrerías cada día. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: