CRTVG

Buscar

Vivan as tardes!

Programa 104

09/04/2018 17:30 h

As Pandereteiras da Baña son un grupo de mulleres de todas as idades amantes da música tradicional. O grupo creouse hai sete anos e, malia que case ningunha sabía tocar a pandeireta, conseguiron aprender a pasos axigantados. Contan con tres grandes segredos: a música percorre as súas entrañas, son moi autocríticas e teñen como profesor a Emilio Lois, un dos gaiteiros máis recoñecidos da música popular. Veñen ao programa para falarnos dos seus comezos, dos seus medos escénicos e da súa vida cotiá e tamén para ensinarlle a Pili Pampín a tocar a pandeireta. 

Carlos Conde é un home feito a si mesmo. Con 14 anos sabía que a súa paixón era a barbería e díxollo aos seus pais, quen o obrigaron a compatibilizar o instituto e os estudos de peiteado. Con 18 anos abriu a súa primeira barbería e con 24 tiña xa 15 traballadoras ao seu cargo. A partir de entón comezou a súa expansión nacional e agora traballa para dar o salto internacional. Xa o entrevistou a revista Forbes, percorre cada  ano máis de 100.000 quilómetros e dá traballo a 300 persoas. 

Yolanda aprendeu a facer marmeladas coa súa avoa cando era unha nena. Foi medrando e descubrindo o moito que lle gustaba facelas, aínda que o seu traballo era de funcionaria e nunca pensara dedicarse a iso. Hai tres anos decidiu crear a súa propia empresa en Vilagarcía de Arousa e comezar a vender as súas marmeladas. 

A tecnoloxía invade as nosas vidas, desde traballos que fan máquinas e xa non persoas, ata robots que facilitan o noso día a día. Nacho Armesto traballa en automatización industrial empresarial, pero esa mesma tecnoloxía pódese aplicar no fogar, desenvolvendo tarefas que nos aforran tempo e esforzo. Esa é a aplicación que lle dá en Smarttek e vén a contalo ao programa desde Vigo. 

Atopar capítulo por: