CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros. Cap. 1: Un asunto moi negro

02/07/2008

Introducen o programa Milagros e Pura, expertas e veteranas cociñeiras, relatándonos as súas experiencias e facéndonos partícipes da súa sabedoría culinaria.

Tomás Alonso, xornalista deportivo da TVG e ademais un bó larpeiro, será o encargado de mercar os famosos chocos da Ría no mercado de Redondela, onde ó parecer se atopan uns dos exemplares de mellor calidade; non en van se celebra nesta vila a Festa do Choco.

Manola e Benigno serán os encargados de cociñar "arroz con chocos" amosando a receita paso a paso. Daranse ademais consellos e trucos moi útiles para acadalo éxito desexado. Finalmente, a degustación por parte dos larpeiros: Cruz Armada, Tomás Alonso, Ramón Garrido, Manola Santos, Benigno Campos, quenes tentarán acertar no prezo final do prato.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: