CRTVG

Buscar

Voga voga mariñeiro

Programa 1: o cásting e primeiras leccións

29/07/2014 23:45 h

Presentado por Beatriz Manjón, consiste nun “reality show”, que se desenvolve nun veleiro de 14 metros e que deixará ronsel por toda a costa galega. Neste veleiro viaxarán concursantes que deberán superar moitas probas desde Ribadeo ata Baiona.

“Voga, voga mariñeiro”, que consta de 13 capítulos, ten como misión ensinar a manexar un barco a persoas sen experiencia náutica. A produción de TVG e as produtoras MBC e Hdé Visual, arranca a súa andaina con cinco participantes, que deberán superar diferentes probas relacionadas co mundo pesqueiro para gañar unha praza no veleiro que está a piques de saír ao mar. O obxectivo é formar parte da tripulación que vai vivir este verán unha chea de aventuras pola costa galega desde os portos de Ribadeo no norte, ata o de Baiona, co cabo da ría de Vigo. 

Os cinco aspirantes a grumetes estudarán conceptos básicos de náutica e terán que pasar unha proba a nado en Foz. Pero, entre proba e proba, tamén haberá tempo de diversión e festa, algo que aos cinco parece gustarlles moito. Tras as clases maxistrais que os concursantes recibirán no transcurso do programa, o gañador obterá como premio o título de patrón de embarcacións de recreo (PER).

Aprendizaxe, ilusión, tensión, festa e moitas risas é o que lles agarda aos concursantes e aos espectadores da Televisión de Galicia, no primeiro programa de aventura de “Voga, voga mariñeiro”.

Atopar capítulo por: