Preescolar na casa
Preescolar na casa. Nº 708 (25/05/2012)
Hai 50 anos nacía en Vigo unha escola bilingüe, metade en castelán, metade en inglés. Esta escola vén de recibir o premio “Viguesa distinguida”. Trátase dun recoñecemento do Concello aos 50 anos de vida desta escola. Antía Cal foi a súa creadora, precursora pedagóxica e muller cunha andaina vital moi salientable, adiantada a súa época. Preescolar na Casa séntese moi honrado de poder falar con esta muller creadora dunha escola bilingüe, sen castigos, onde todos era iguais, un lugar onde non se adoutrinase. E onde o galego tamén estaba presente. Falamos con Antía Cal.
AS COUSIÑAS DE CADA DÍA
Na cidade da Coruña visitamos, da man da súa xerente Natalia Crespo, o Laboratorio Galego de Consumo. Nestas instalacións realízanse controis e análises de produtos industriais que están no mercado. Alí a valíase tanta a calidade como a seguridade de lixivias e produtos de limpeza, fibras e produtos téxtiles, artigos de puericultura, produtos electrónicos, e algo que nos interesa especialmente: xoguetes e material escolar. Galicia é a única Comunidade que conta cun laboratorio destas características para protexer e defender os dereitos dos consumidores. No Laboratorio Galego de Consumo.
A AVENTURA DE CRECER
Nas reunións de Preescolar na Casa, nenos e nenas xogan xuntos, pais e nais observan, falan e aprenden. E hoxe, todos e todas cantan. Cantar é unha das máis fermosas maneiras de estar, de divertirse, de relacionarse e de aprender. Os animais da granxa.
XOGAR E BRINCAR
Unha vez máis achegámonos ata Castro de Rei, na Chaira luguesa. Queremos visitar, ver e xogar outra vez cos xogos populares recollidos pola Asociación Sociocultural “O Cadaval”. Mario Saavedra preséntanos máis xogos recollidos na zona rural e moi relacionados coas labores e os traballos estacionais no campo. Máis Xogos Populares en Castro de Rei.
CONTRAPORTADA
Recordamos neste programa o Día Nacional do Celíaco, unha iniciativa que tenta concienciar á poboación sobre os problemas de saúde, económicos, asociados á intolerancia ao glute. Día Nacional do Celíaco.