CRTVG

Buscar

Aquí hai praia

Praia América, Broña e Bastiagueiro

18/07/2018 00:55 h

O percorrido lévanos ás Rías Baixas: a praia América, en Nigrán, un areal ideal para aquelas persoas que lles gusta pasear, pois ten unha extensión de 1.200 metros, cun paseo que se amplía ata Panxón. É unha praia galardoada con bandeira azul desde 1990 e que ofrece múltiples actividades náuticas e de ocio, ademais de cámpings e apartamentos turísticos.
Aínda nas Rías Baixas, pero subindo cara ao norte, o programa visita a praia de Broña, en Outes. De contorna natural, grazas á súa forma de enseada está protexida dos ventos, o que fai dela un lugar agradable para ir pasar o día, podendo resgardarse do sol na zona de merendeiro. Trátase dunha praia tranquila, onde perderse e gozar da natureza en estado puro.
“Aquí Hai Praia” siobe ata as Rías Altas para visitar Bastiagueiro, en Oleiros, un areal ideal para os amantes do surf, xa que é ventoso e con ondaxe moderada. Goza co recoñecemento de bandeira azul e moi preto atópase o cámping, que fai que no verán sexa moi visitada por turistas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: