CRTVG

Buscar

A casa da Conexa

Pouca vista

17/12/2014 22:30 h

Hoxe, Mucha ten problemas coa vista, non ve case nada e ten que visitar o médico de Ardebullo (Xosé Barato). Coma sempre que as irmáns van ao centro de saúde, Nucha non perde ocasión de ligar con el. Na consulta, o médico recoméndalle a Mucha que use unhas lentes de contacto, pero ela entende mal o termo de “lentes de contacto”.

Doutro lado, os espectadores verán un problema de saúde que teñen os  “Veteranos”. A tensión alta será o tema de conversa entre eles dous na marquesiña. Na sección de “Funcionarios”, poderán ver o estrés que sofren algúns e tamén como o combaten durante as horas de traballo. Pola súa parte, os “Cociñeiros” Xosé Ramón e Moncho farán unha sobremesa: torta de queixo.

Outros contidos habituais do programa serán a sección de “Cultura Galega”, en que Mucha e Nucha falarán do “rotacirmo”, mentres que no “Consultorio” atenderán unha carta dunha galega que ten un problema porque o seu marido non cheira. Os espectadores da TVG tamén volverán entrar esta noite no salón de “Os Roncha” para saber cales son as súas opinións sobre o programa “Entre familias anda o xogo”.

Para rematar, “A Casa da Conexa” contará tamén coas divertidas tiras cómicas deseñadas polo debuxante Luis Davila e, coma sempre, un tema musical versionado por Mucha e Nucha, que será nesta ocasión a “Son de amores”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: