CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 318: 'Pomba mensaxeira'

11/10/2019 13:18 h

Para os habitantes de Santalla hai cousas que custa crer. Tomás non se imaxina que Laura vai volver, María intenta pensar que é normal que non sinta moverse o neno e a Ramón non se lle pasa pola cabeza que Lupe o vai desobedecer cando Álvaro esperte. A pesar das advertencias do médico e da familia, Manuel xa está a traballar para sacar adiante Cárnicas Santalla. Para asegurarse un futuro coa granxa, está convencido de contar con Freire, pero decátase de que a intención do indiano é comprar a parte de Tomás, deixándoo a el só. O Cabanas queda afundido, pero non sabe que a decisión de Freire ten que ver co seu estado de saúde. Elvira tampouco dá creto, neste caso, ao milagre da concepción da Virxe María polo Espírito Santo. Por iso, aproveitando as pombas mensaxeiras que ten Pepe, don Venancio intentará mandarlle un recado directo dos "descendentes" de tan destacada figura bíblica. Por outro lado, quen queira que ande a roubar o trigo de Cosme escarmentará, xa que o vello engádelle ao cereal unha purga que provoca diarrea e moitos poderanse ver "salpicados" por este asunto.

Atopar capítulo por: