CRTVG

Buscar

Pescadores de historias

Entrar nun porto con seguridade

25/11/2018 15:45 h

Unha das figuras centrais nos portos onde entran buques de gran tonelaxe é a do práctico, un profesional da navegación que coñece ben todas as circunstancias que poden influír á hora de navegar dentro do porto, para entrar e saír del.

Para coñecer o seu traballo, o programa “Pescadores de Historias” viaxa a Ferrol, en cuxo porto entran e saen entre 600 e 700 buques ao ano.

X.H. Rivadulla Corcón fala co práctico maior do porto de Ferrol, José Manuel Paz, que nos explica cal é a experiencia necesaria para desenvolver esta función e acompaña o equipo do programa ao encontro do buque mercante Star Lindesnes, de bandeira norueguesa, para facer unha demostración en vivo das manobras que hai que realizar.

Outro dos protagonistas do programa é o director do porto ferrolán, Alejandro Rey, que amosará como a figura do práctico é esencial e o seu labor é crucial para que a seguridade sexa a maior posible.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: