CRTVG

Buscar

Peregrino

Peregrino 1

23/07/2017 20:30 h

O programa acompaña a persoas anónimas que percorren o Camiño e dá a coñecer as súas vivencias e os puntos e historias representativas de cada etapa.
O Camiño de Santiago é para moitos máis que unha ruta cara ao encontro da espiritualidade. É unha forma de atoparse a un mesmo ou de atopar respostas a certas cuestións que nos presenta a vida. Trátase dunha aventura e experiencia inesquecible que marca un antes e un despois na vida de quen o percorre.
“Peregrino” amosa non só a beleza dos camiños, vilas, xentes e lugares pintorescos que os camiñantes percorren ata chegar a Santiago, senón tamén a beleza das persoas que o percorren, os seus intereses e motivacións, as súas preocupacións e as súas historias. 
No primeiro programa, o reporteiro Xiraldo coñece tres mozos cuxas vidas se cruzaron no camiño e que unha fortísima amizade fai que continúe alén de Santiago. Ademais, atópase no Cebreiro cun ex-enxeñeiro da Boeing asentado en California e amosa onde se agocha o Santo Graal, ou un deles, e sobe, xunto aos protagonistas, á escalinata que dá entrada á vila de Portomarín.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: