CRTVG

Buscar

Pepe o inglés

E para rematar, unha voda, 1ª parte

27/05/2013

Telmo Negreira comeza a traballar de cobrador de morosos vestido de mariachi e busca socios que traballen con el. Lola tenta falar desde Turquía con Medmet pero el dille que non quere saber nada dela.

Filipa quere formalizar a relación con Pepe pero el dille que non quere comprometerse, que necesita ser libre. Negreira e Suso recoméndanlle que fale con ela e que lle pida disculpas e non a deixe escapar. E el failles caso.

Pilar, pola súa banda, deixa a Moncho, un gran partido, porque segundo lle confirma a Uxío, está namorada de Pepe. E decide seguir a recomendación de Uxío e confesarlle o seu amor. Pero cando o vai facer atópase a Pepe e Filipa cos amigos do barrio anunciando a súa próxima voda.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: