CRTVG

Buscar

Pepe o inglés

Os cazadores e a señora turca

27/05/2013

Moscoso e o seu sobriño Fredy, concelleiro de Urbanismo, pensan en organizar unha cacería coma unha maneira interesante de facer negocios inmobiliarios cun novo socio e converter a constructora nunha tapadeira da gran empresa dese novo socio. Negreira escoita a idea de Moscoso en Casa Lola e ofrécese de organizador e de guía.

Mehmet, un mozo turco que montou un posto de comida do seu país no barrio do Cruceiro, está preocupado pola visita sorpresa de súa nai, á que lle contou que era propietario dun bar e dun taller, nunha rúa que agora leva o seu nome. Os veciños ofrécense a organizalo todo para que ela vaia de volta a Turquía crendo a súa mentira.

E Pilar prepárase para ir esquiar co seu amigo gay Uxío.

Atopar capítulo por: