CRTVG

Buscar

Luz verde

Peóns na calzada

22/07/2017 20:30 h

Unha parella de axentes da Garda Civil está a patrullar na estrada cando recibe aviso dun peón atropelado. Trátase dun home maior que se atopa a pouca distancia do seu domicilio, un caso que encaixa perfectamente no perfil de boa parte dos peóns atropelados nas estradas galegas, como verán esta tarde os espectadores de “Luz Verde”.

No que vai de 2017 morreron na nosa comunidade 17 persoas por esta causa. Aínda que a cifra descende, é un mal endémico da seguridade viaria en Galicia, ocasionado pola dispersión da poboación e a necesidade de moitas persoas de desprazarse pola beiravía no seu quefacer cotián.
O garda civil Héctor Teixeira relata como son os segundos posteriores a recibir unha chamada de accidente, como se enfrontan a unha posible morte, que sensacións experimentan na chegada ao lugar dos feitos e como traballan para descubrir as causas do accidente.

O programa conta tamén coa análise do tenente coronel Francisco Javier Molano, responsable da Agrupación de Tráfico da Garda Civil en Galicia; coas recomendacións sobre o tema do xefe provincial da DXT en Ourense da DXT, David Llorente, e coas achegas da psicóloga Eva Muíño, que dá as claves de como enfrontarse ao sentimento de culpa posterior a unha morte ocasionada por unha imprudencia ao volante.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: