CRTVG

Buscar

Larpeiros

Peixe sapo con verduras e mexillóns e biscoito de limón

09/01/2018 22:15 h

Os “Larpeiros” falan de mariscos. Sen negar os méritos das centolas, das cigalas ou dos percebes, o protagonista é nesta ocasión o mexillón, o auténtico ouro negro das rías galegas. Preparados en escabeche, en vinagreta ou ao vapor, e tamén en guisos e arroces, son grandes clásicos da nosa cociña. Benigno Campos é un bo coñecedor das virtudes dos mexillóns galegos e ten en mente preparar unha receita con eles que non deixa indiferente a ningún dos seus compañeiros: peixe sapo con verduras e mexillóns. A sobremesa corre, coma sempre, a cargo de Merchi e Leni, que se atreven cun biscoito de limón.

Adrián pon rumbo á Illa de Arousa, onde, coa axuda de Angélica, se converte en todo un experto no cultivo dos mexillóns. Navega ata as bateas para coñecer de primeira man todos os traballos que hai que realizar para ter uns exemplares de primeira.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: