CRTVG

Buscar

O gato con botas

Pedro Nimo del Oro

07/02/2018 00:15 h

O corredor de maratóns Pedro Nimo recibe a Manuel Manquiña na súa casa de Teo, preto de Compostela. De neno, cambiou as canchas de baloncesto polo atletismo e empezou unha carreira de éxitos: campionatos de España, campionatos do mundo, mellor marca europea júnior, e ingreso na prestixiosa residencia Blume.

Logo duns anos afastado das carreiras, volve con forza e proclámase como o primeiro atleta branco en cruzar a liña de meta en Viena 2009. Neses anos de retiro, Nimo céntrase nunha das súas paixóns, os cabalos, que hoxe o programa terá a oportunidade de visitar na súa quinta, un paraíso onde o corredor charlará dilatadamente sobre a parte máis íntima e descoñecida do deportista para a opinión pública.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: