Todo queda na casa
Programa 30: Paz de Cea / Ángel de Bueu
17/08/2014 16:00 h
O programa da TVG “Todo Queda Na Casa” chegará a unha vila do interior galego, Cea, en Ourense, coñecida polo seu pan, para sorprender a Paz no seu chalé, onde pasa as vacacións tras traballar todo o ano nun salón de peiteado. Coñeceranse todos os detalles da súa casa e descubriranse os seus dotes como concursante no programa que presenta Isi.
O concurso transcorrerá amais na mariñeira Bueu, na casa de Ángel, na que leva 28 anos veraneando. “Todo Queda Na Casa” sorprenderá o concursante xusto no momento en que subirá da praia de Agrelo co seu irmán e un amigo. Verase se estes casteláns-leoneses son quen de gañar moitos cartos.