CRTVG

Buscar

Como galegos!

Paulo, Gabi e Matts

02/08/2015 23:45 h

A viaxe comeza en Compostela, onde “Como Galegos!” acompaña a Paulo, que abandonou a súa Angola natal hai xa moitos anos para iniciar a súa carreira como actor. Polo camiño non foron poucos os traballos que realizou, desde capador de porcos ata camareiro ou músico. 

A seguinte protagonista é Gabi, unha porteña dos pés á cabeza: filla de emigrantes, amante dos doces e unha loitadora contra o estrés. A súa vida en Bos Aires era un correr para non chegar a ningures ata que a calma chegou da man dun galego. Deste xeito cambiou as cataratas do Iguazú polas fervenzas do Toxa. Xuntos en Lalín converteron a súa afección en oficio e hoxe é a anfitrioa dos Doces Encantados.

Na Coruña, coñecemos un home loiro de case dous metros de altura que responde ao nome de Matts. O deporte é a súa vida e un dos seus fillos xa xoga no Fabril. Como a el non lle gusta facerse o sueco, xa avisa: a seguinte Liga do Deportivo será grazas a un gol do seu fillo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: