CRTVG

Buscar

A casa da Conexa

Pase de modelos

10/12/2014 22:30 h

O bo humor e o entretemento non teñen descanso en “A Casa da Conexa”, como tampouco o teñen as situacións máis divertidas e disparatadas que ocorren na vila de Ardebullo e nas vidas dos seus habitantes. Hoxe, nunha nova entrega do programa da Televisión de Galicia, Mucha e Nucha serán convidadas a unha comuñón e terán que vestirse de gala, polo que contratan a Suso, un 'personal shopper'. 

Doutro lado, o matrimonio de “Os Roncha” continúa cada semana asistindo de público a “A Casa da Conexa”. Noutros sketchs, os espectadores verán como os cociñeiros Moncho e Xosé Ramón preparan un prato para que os nenos coman verduras: cabaciña á parmesana. No “Super Susi”, Luís volve ir á compra e, cegado de amor pola caixeira Pili, sairá do súper coa cesta chea e a carteira baleira. Pola súa parte, a cuadrilla de “Protesión Sivil” fará un simulacro de prevención de riscos ante o concurso de tapas que se fará na vila.

Ademais, o programa desta noite completarase cunha nova consulta que atenderán Mucha e Nucha no seu consultorio particular. Hoxe, unha espectadora pediralles consello sobre a mascota máis axeitada para ter na casa. Para Mucha o ideal é que merque un porco ou unhas galiñas. 

Finalmente, para pechar esta noite de humor e espectáculo, “A Casa da Conexa” ofrecerá un novo tema musical versionado por Mucha e Nucha, dedicado nesta ocasión ao chimpín. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: