CRTVG

Buscar

Galegos no mundo

Programa 8: París

19/08/2010 22:23 h

Esta semana "Galegos no mundo" viaxa ata a cidade da luz, París. Alí o programa percorrerá a capital francesa da man de seis galegos que elixiron esta cidade para establecerse e comezar unha nova etapa nas súas vidas.

A capital francesa, sempre adiantada aos tempos, sempre revolucionaria, non só foi a primeira en dotar as súas rúas de luz eléctrica senón que tamén iluminou o mundo coa súa modernidade. En París fraguáronse os dereitos do home e os principios de liberdade, igualdade e fraternidade. Isto atraeu artistas e intelectuais de todo o mundo, creando un ambiente fascinante de fluír de ideas.

O equipo do programa comezará o percorrido con Raquel Arias, unha coruñesa que traballa como axente de seguros no Banco Nacional de París, que nos descobre Le Marais, un dos barrios máis cosmopolitas de Europa. Doutro lado, Ramón Chao, exiliado en Francia en 1956 e pai do músico Manu Chao, levaranos por unha andaina literaria e gastronómica.

Outros relatos de galegos en París son os de Juan Castro, un mozo coruñés que traballa na delegación da Cámara de Comercio española e que vive no barrio xaponés; Roberto Fernández, enxeñeiro informático, natural de Bande, que leva vivindo 24 anos na cidade da luz ou a parella formada por Ana Domenech, responsable de mercadotecnia nunha axencia de viaxes, e Marco Meijide, consultor nunha empresa norteamericana, que elixiron a capital francesa para compartir a súa vida.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: