CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Pantón

06/06/2015 16:30 h

O espazo “Aquí Galicia” trasladase ao concello lucense de Pantón, unha localidade situada a carón da Ribeira Sacra onde se mestura a paisaxe bañada polos ríos Miño e Sil e a tradición vinícola do lugar. Ao mesmo tempo, tamén conta cunha ampla oferta de patrimonio románico. Ademais, esta fin de semana a localidade celebra a XXII Mostra dos Viños da Ribeira Sacra.

Para dar a coñecer o que o patrimonio de Pantón pode ofrecer, o programa trasladase ata o mosteiro cisterciense de Bernardas, en Ferreira de Pantón, famoso polos doces que elaboran dentro. As súas principais especialidades son a torta de améndoa, amendoados, boliñas de coco ou as “gloriosas”. 

Pero iso non é todo, xa que “Aquí Galicia” ofrecerá varias actuacións, empezando pola do grupo canario Primera Línea. De seguido chegarán a Orquesta Gran Parada, a artista monfortina Iria Cid, tamén coñecida como a “electrolatina galega”, e a agrupación ourensá Grupo de Baile Latino Sabrosura, que bailará a famosa copla “La bien pagá”.

Pero os ritmos latinos non serán os únicos presentes, xa que o folclore galego terá o seu oco da man da Banda de Gaitas O Castro, de Pantón; das pandeireteiras da Agrupación Suasairas, de Chantada; da charanga sarriá Madialeva e da Agrupación Folclórica Levamos, de Monforte de Lemos.

Para rematar, o equipo de “Aquí Galicia” fará unha excursión polos canóns do Río Miño pero cunha perspectiva diferente, xa que farán turismo de aventura navegando en kaiak polas augas do río máis caudaloso de Galicia. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: