CRTVG

Buscar

Serramoura

Capítulo 167: Pantasmas do pasado

13/09/2020 22:30 h

A xuíza Tania Crespo está de volta en Serramoura para investigar a unha perigosa banda criminal. O seu principal obxectivo é entrevistarse con Santos para obter datos sobre unha das integrantes da banda: Emilia.

Mentres tanto, Tomás aproveita a boa disposición de Roi para ofrecerlle un traballo como asesor externo do cuartel. A súa función é revisar casos non resoltos, algo que Roi non acolle con moito entusiasmo ata que atopa un expediente que chama a súa atención. Ao mesmo tempo Emilia volve á vila para pedir axuda a Santos. Está escapando do xefe da organización e necesita agocharse durante un tempo. Santos accederá a axudala?

Atopar capítulo por: