CRTVG

Buscar

Alalá

Pandereteiras de Muíño, Zas

18/08/2013 22:05 h

A terra de Soneira é moi rica na afección ao baile e á pandeireta, e para mostra está a parroquia de Muíño, no concello de Zas. Desde hai moitos anos os interesados de moitos puntos de Galicia no baile e músicas tradicionais galegas veñen aprender ata esta localidade coruñesa.

Afondaremos en aspectos desta tradición que conservan con interese os veciños de Muíño. Así, escollemos a seis mulleres pandereteiras para que amosen as virtudes musicais de cadaquén e lembren como eran as “ruadas” de entón.

As pandereteiras de Muíño tocarán en Alalá pezas tradicionais coñecidas e tamén outras relacionadas cos ciclos naturais do ano, como algunhas referentes ao Entroido ou ao Nadal. Por último, haberá competencia para botar os populares “aghrús” ou aturuxos.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: