CRTVG

Buscar

Alalá

Pancho Álvarez

24/02/2009 22:05 h

Pancho Álvarez é un músico que colaborou con importantes formacións da música galega como “Na Lúa” ou “Matto Congrio”. Na década dos noventa comeza a súa andaina con Carlos Núñez en concertos por América, Europa, Asia e Australia, pasando polos escenarios mais emblemáticos do mundo.

Pancho é compositor, arranxista e produtor. Ademais, este apaixonado da música quixo dar un paso máis e fixo os seus discos en solitario. Agora anda a preparar o terceiro que se vai chamar “Sólidos Galicianos”. A Pancho Álvarez non hai nada que se lle resista, é quen de tocar unha chea de instrumentos: desde a concertina ao bouzouki, pasando pola zanfona ou pola viola de gamba. Nos seus discos a música tradicional está presente sempre e con ela o concepto que el ten da mesma.

Neste Alalá coñeceremos ao Pancho con alma de músico e ao Pancho intimista e reflexivo; acompañaranos no programa a súa muller, que participa no seu disco, e os seus compañeiros de profesión e amigos a un tempo. 

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: