CRTVG

Buscar

Documentais

Paixón polo mar

02/03/2012

Cada catro anos ten lugar na cidade bretoa de Brest unha festa marítima na que se dan cita embarcacións tradicionais  de todo o mundo. No ano 2008 Galicia foi unha das catro invitadas de honra xunto a países de gran tradición mariñeira como  Irlanda, Noruega e Croacia. Alí se deron cita preto de tres mil embarcacións tradicionais, a gran maioría de madeira e a vela, co que as embarcacións galegas tiveron oportunidade de navegar pola rada de Brest carón de grandes veleiros de dous, tres e catro mastros, xunto a barcos de Tailandia, Xapón, Francia, Italia, Estados Unidos, etc... e aos dos países antes mencionados.

O documental Paixón polo mar aproveitou esa oportunidade e reflicte esa presenza de embarcacións e de mariñeiros galegos na festa marítima máis importante do mundo.

Paixón polo mar é un documental dirixido por Pemón Bouzas, con Victorino Lourido como responsable da imaxe e con Xosé A. Domelo como guionista con Pemón Bouzas.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: