CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Paixón pola cociña

24/01/2015 15:30 h

Reporteiros e técnicos do programa percorreron varios lugares da xeografía galega para afondar nos secretos da alta gastronomía do país. Así, desde o punto de vista da formación profesional e a aprendizaxe, foron ata as cidades de Pontevedra e A Coruña, e ao concello lugués de Sober. Nas tres localidades existen senllas escolas de hostalería de gran prestixio e con altas garantías de segura saída profesional para os seus alumnos tras a especializada aprendizaxe.

Por outra parte, os seguidores de “Vivir aquí” van de seguro gozar coas reportaxes feitas en dous grandes restaurantes da alta cociña galega, que recibiron recentemente unha estrela Michelín. Trátase de “Silabario”, en Tui, e “Alborada”, na Coruña.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: