CRTVG

Buscar

Que casas!

Padrón, A Guarda, Guitiriz, O Grove e O Porto

13/09/2018 00:15 h

Emigrantes galegas que regresan á nosa terra para reformar as casas dos seus soños. Inmigrantes que veñen formarse a Galicia e regresan aos seus países de orixe para reformar as súas casas neles. Netos que queren recuperar as súas raíces transformando as casas que construíran os seus avós. E deseñadores que puxeron en práctica as súas mellores ideas decorativas nas súas casas de veraneo fronte ao mar. 
Unha mostra de todo isto é o que atoparán os espectadores no programa desta noite de “Que Casas!”. Para iso pasará por Padrón, A Guarda, Guitiriz e O Grove, pero tamén irá ata Portugal, onde parará na fermosa cidade de Porto. Os anfitrións serán Celestina Castiñeiras, Genma Marqués, Pedro Vasco, Jesús González e José Juan Fernández.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: