CRTVG

Buscar

Padre Casares

Capítulo 142: O terceiro día

02/04/2012 22:45 h

    Nas novas aventuras de Santo Antonio de Louredo hoxe saberemos quen é ese novo espírito que percorre a vila e que ten en alerta a todos os seus habitantes, sobre a todo a Puri, a perruqueira, que case tolea convencida de que se lle está aparecendo a pantasma de seu defunto marido; e mira ti por onde Puri vai descubrir por fin que seu home non está soterrado e morto, como cría, desde hai quince anos, senón que está vivo e que regresou a Louredo.

A primeira en decatarse desta realidade é a filla, Fina, que tamén se sente enganada polo pai, que ve como o mesmo alcalde, Delmiro, é cómplice da verdadeira historia de seu pai. Pepe, o presunto defunto morto, decide volver para ter a oportunidade de coñecer a seu neto Antoniño. Unha pequena figuriña de papiroflexia, que lle fai ao pequeno no parque, removerá os recordos de Fina ata os momentos máis felices da súa infancia co pai. Definitivamente Pepe está vivo, e pouco a pouco se deixa ver como unha persoa máis da vila que vai ser saudado.. pero por todos os veciños? Está por ver cal vai ser a reacción de Puri cando o vexa fronte a fronte, pois as preguntas seguen no aire: onde pasou Pepe os últimos quince anos? E por que regresa agora precisamente? Perdoarao a filla? As respostas, esta noite en “Padre Casares”.

Atopar capítulo por: