CRTVG

Buscar

Alalá

Pablo Seoane

27/01/2009 22:05 h

Pablo Seoane é un rapaz novo que desde pequeniño soñou e se namorou da música. A súa dedicación é absoluta e os resultados á vista están: dous discos no mercado, premios, festivais e recoñecementos do seu traballo fóra de aquí.

A súa vida é un continuo ir e vir porque ademais de tocar polo mundo adiante, da clase en 5 asociacións e ten o seu traballo nun obradoiro de instrumentos de percusión. As ganas, ilusión e o amor pola gaita fan de Pablo Seoane un virtuoso e unha das figuras musicais cunha carreira meteórica.

Entre ensaios, premios, festivais, actuacións, traballo, recollidas, investigación e familia, tivémola sorte de asistir ó mellor e máis grande concerto da súa vida: a súa voda! Pablo casou coa súa adorada María e, por suposto, fíxoo vestido de tradicional. O gaiteiro deu o “si quero” do único xeito que podía facelo: de gaiteiro.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: