CRTVG

Buscar

Alalá

Os Rosales

15/05/2007 22:05 h

O que diferencia ós Rosales dos outros grupos históricos da música tradicional galega é que estivo formado, durante gran parte da súa traxectoria artística, polos membros dunha mesma familia: José, o pai, magnífico gaiteiro e compositor; Maruxa, a súa muller e tres dos seus catro fillos. Xuntos fixeron quilómetros e quilómetros por toda Galicia, España e parte de Europa, e colaboraron con artistas como Milladoiro ou Amancio Prada, que os reclamaban pola súa calidade e forza interpretativa.

Os Rosales convertéronse nun dos grupos máis respectados e admirados. Gravaron dous discos, participaron en ducias de programas de televisión, concertos e festivais e non deixaron de incorporar pezas de composición propia ó seu amplísimo repertorio.

Actualmente, José e Maruxa están retirados dos escenarios, pero non deixan de tocar, de compoñer e de aprender a outros músicos novos. Levan xuntos case sesenta anos, xa fixeron as vodas de ouro e teñen unha chea de historias que contar, porque a súa historia familiar e profesional é única.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: